|
|
Actualidade » Axenda de Actividades
|
|
|
Colección Pelouros, unha exposición de escultura en pedra de Marcos Escudero
|
|
29/05/2012.- AXENDA DE ACTIVIDADES A sala de exposicións A Fábrica acollerá do 2 ó 17 de xuño unha nova exposición. Desta vez será Marcos Escudero quen mostre a súa exposición de escultura en pedra titulada “Colección Pelouros”
Marcos Escudero – O autor
O mundo que o rodea é de pedra, xa que creceu e vive no Val da Louriña, onde se concentra o meirande centro de extracción e elaboración de granito do estado.
A coleción Pelouros.
Prendado desta paisaxe de grandes penedos arredondados, o autor prefire a pedra en estado puro en detrimento dos bloques extraídos nas canteiras, e baixo esta premisa crea a súa colección “Pelouros” (cantos rolados). Estas pedras que recolle nas praias do Atlántico e nas ribeiras do Miño son o soporte sobre o que traballa, tratando de respectar as formas orixinais producidas pola natureza.
A exposición acompáñase de poemas nos que dous poetas mosenses, María Magdalena e Manuel Xío, falan da pedra e os pelouros.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)
.jpg)
.jpg)
|