|
|
Actualidade » Actualidade Municipal
|
|
|
A Xunta de Seguridade Local arroxou datos positivos. O total de infraccións penais baixa en Allariz, máis dun 10%
|
|
05/07/2012.- ACTUALIDADE MUNICIPAL O Concello de Allariz acolleu, onte, a reunión da Xunta Local de Seguridade, co presidida polo Alcalde de Allariz, Francisco García, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, na que tamén participaron membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e da Policía Local.
As infraccións penais diminuíron máis dun 10% nos seis primeiros meses do presente ano en Allariz, Taboadela e Xunqueira de Ambía. O número de delitos descendeu de 36 a 33 entre 2011 e 2012 mentres que as faltas fixérono de 50 a 44; o que supón un total de descenso dun 10,5%.
En canto o nivel de infraccións penais esclarecidas, foi do 50% en canto a delitos en 2011, por un 51,5 por cento en 2012. Aínda que máis notable é o aumento da eficacia das forzas de Seguridade á hora de aclarar as faltas rexistradas, que pasa do 42% en 2011 ó 54,5% en 201.
O seguimento dos casos de violencia de xénero é realizado de forma conxunta pola Policía Local e a Garda Civil de Allariz, baixo unhas directrices de coordinación perfectamente delimitadas para dar unha protección integral ás vítimas. No eido de protección e asesoramento, tense constituída unha Mesa de Coordinación para mellorar a atención ás vítimas de violencia de xénero.
Tanto o Alcalde de Allariz como o Subdelegado do Goberno mostraron o seu agradecemento á boa labor das Forzas e Corpos de Seguridade “tanto no eido preventivo coma na posterior resolución dos casos, a capacidade de colaboración entre os mesmos e a proximidade cos veciños e veciñas”
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)
.jpg)

.jpg)
|