Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       ÁREAS MUNICIPAIS       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Actualidade e Participación
icono menu Seccións
» Actualidade Municipal
» Axenda de Actividades
» Deportes
» Cursos e Formación
» P. Económica e Emprego
» Urbanismo
» Medio Ambiente
» Administración Local
 


 

icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
  
       
  Día con Novas
 
 

Actualidade » Axenda de Actividades

 

Programación de verán. Allariz 2012


Ampliar Foto...
17/07/2012.- AXENDA DE ACTIVIDADES   
O Concello de Allariz organiza a programación de verán 2012. Unha tradición que segundo explicaba o Alcalde, Francisco García, persegue varios obxectivos“ incidir na dinamización cultural, reforzar a capacidade de atracción turística de Allariz, ademais, da dinamización económica do municipio”

A programación de verán é multidisciplinar; inclúe actividades culturais e deportivas dende xullo a setembro.

No apartado cultural, destaca a parte etnográfica, as festas que recordan os traballos doutrora no ciclo do pan ou o Encontro de Cestería, que xunto coas Festas do San Bieito ou a Empanada ou a Festa da Patria Galega “contribúen a facer país e homenaxear á cultura galega” afirmaba Teresa Devesa, concelleira de Cultura.

As actividades deportivas que terán lugar durante a época estival céntrase no Triatlón Vila de Allariz, no que participan triatletas recoñecidos no eido deportivo; ou o Triatlón por equipos que nacía hai nove anos por iniciativa dos deportistas alaricanos, e que congrega a máis de cen participantes; ademais da regata de Piragüismo.

As Feiras do Doce, Melindre e Amendoado ou a de Artesanía, pechan o programa de verán, promocionando a repostería e artesanía de Allariz así como doutras localidades galegas ou do resto do Estado.

 

Descargar Documento... Programación Verán 2012

 

 


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Boletins Municipais

Axenda de Eventos e Actividades

Perfil Contratante

XVI Andaina de Allariz - 18 de maio de 2013

Festival Internacional de Xardíns 2013

Festa do Boi 2013

Mercado da Reserva da Biosfera

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting