Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       ÁREAS MUNICIPAIS       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Actualidade e Participación
icono menu Seccións
» Actualidade Municipal
» Axenda de Actividades
» Deportes
» Cursos e Formación
» P. Económica e Emprego
» Urbanismo
» Medio Ambiente
» Administración Local
 


 

icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
  
       
  Día con Novas
 
 

Actualidade » Axenda de Actividades

 

Xornadas de Degustación de Carne de Boi


Ampliar Foto...
02/08/2012.- AXENDA DE ACTIVIDADES   
O fin de semana pasado deron comezo en Allariz as “Xornadas de Degustación de Carne de Boi”, unha iniciativa gastronómica coa que se pretende potenciar o medio rural e os atractivos locais.
Estas xornadas unen a potencialidade de Allariz en torno á gastronomía e a posibilidade de converter este municipio nun referente na comercialización de Carne de Boi.

Dende o  28 de xullo ata o 5 de agosto diferentes taperías de Allariz teñen a disposición dos clientes diferentes pinchos e tapas coa carne de Boi como protagonista.

O domingo 29 de xullo o Salón de Convencións do AC Hoteis acolleu ó Xantar Degustación de Carne de Boi. Cada comensal tivo a oportunidade de probar a exquisita carne de boi en máis de 10 formas diferentes de preparación: en empanada, carpacho, tártaro ou ensalada, ademáis de concentrado en caldo, albóndigas, hamburguesa, estofado, gulach ou o tradicional chuletón ou solombo.

A programación destas xornadas continúa durante toda a semana, o xoves 2 de agosto cun concurso gastronómico amateur de carne de boi e o venres 3 no entorno do Arnado celebrarase a primeira espetada de Boi, para 1000 comensais a 10 € por persoa.
O sábado 4 de agosto terán lugar as visitas a explotacións gandeiras. Visitaranse a Explotación de Vacuno de Penamá para coñecer un dos lugares onde se está a criar “Boi de Allariz”, a explotación de ovellas do Rexo e a queixería e por último á explotación de vacuno ecolóxico de Torneiros.

 

Descargar Documento... Folleto das Xornadas de Carne de Boi
Descargar Documento... "Boi de Tapas" - Guia dos Locais de Tapeo

 

 


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Boletins Municipais

Axenda de Eventos e Actividades

Perfil Contratante

XVI Andaina de Allariz - 18 de maio de 2013

Festival Internacional de Xardíns 2013

Festa do Boi 2013

Mercado da Reserva da Biosfera

 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting