|
|
Actualidade »
|
|
|
O Festival de Xardíns bate récord de visitas
|
|
14/08/2012.- Na metade da terceira edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, que permanecerá aberto ata o mes de novembro, os xardíns efémeros adicados á auga xa foron visitados por 20.000 persoas. No mes de agosto, estase a rexistrar unha media de 1.000 visitas nas fins de semana e 200 nos días laborables.
As cifras mostran o gran interese pola iniciativa alaricana e , segundo recordaba Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente, a consecución dos obxectivos perseguidos coa posta en marcha do festival “a recuperación dun amplo espazo a carón do río Arnoia para uso e goce dos veciños e veciñas do municipio; a contribución á dinamización económica, aumentando á capacidade de atracción turística e de xeración de emprego; e a potenciación e sensibilización do paisaxismo na xardinería como valores asociados a Allariz.”
No mes de agosto, o Festival de xardíns de Allariz abre as súas portas os sábado ata medianoite, para que os visitantes podan gozar do espectáculo de luces das fontes instaladas no recinto pola empresa internacional Ghesa Fuentes. O vindeiro sábado 18 de agosto celebrarase o concerto de “Green Notes” no marco da programación da Festa da Empanada.
Merchandising
Co obxectivo de promocionar turísticamente o Festival de xardíns de Allariz, o Concello de Allariz deseñou varios produtos de merchandising centrados, xunto con produtos como camisetas, gorras, mochilas, libretas ou bolígrafos, no libro “Auga amiga” . A publicación realizada por Paivert, equipo participante deseñador do xardín Magua, pretende mostrar a nenos e maiores a importancia da auga e a súa conservación.
O libro incorpora un código QR. Coa descarga dunha sinxela aplicación no teléfono móbil podemos acceder á información de cada un dos xardíns que integran esta edición, coñecendo aos paisaxistas a través de entrevistas nas que explican o sentido da súa obra.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)
.jpg)

.jpg)
|