|
|
Actualidade » Medio Ambiente
|
|
|
O Concello de Allariz aforra preto de 5.000 euros en 15 días de reciclaxe intensivo.
|
|
21/08/2012.- MEDIO AMBIENTE A concienciación medioambiental e a implicación dos cidadáns, coa recollida selectiva, que puxo en marcha o Concello de Allariz, fíxose extensiva ós veciños que veranean na localidade no mes de agosto.
Nos primeiros 15 días de agosto, recolléronse, segundo datos proporcionados pola concellería de Medio Ambiente, uns 10.000 kgs de vidro á semana, un 60% máis que no mesmo período durante o resto do ano ( no que se recollen entre 3.000 e 4.000 kgs.) O feito de reciclar as botellas de vidro permitiu aforrar preto de 5.000 euros ó Concello “Desfacernos de cada kilo de lixo depositado no contedor de rexeite cústalle ó Concello uns 20 céntimos”sinala o concelleiro Bernardo Varela.
Papel e cartón
En menor medida, pero tamén en positivo, víronse incrementadas as cifras de recollida de papel e cartón nos primeiros días de agosto. O servizo, que realizan os usuarios da asociación d ediscapacitados Puzzle, “recolleu entre 1.800 e 2.000 kgs nas dúas semanas, frente ó millar que recollen en calquera outra época do ano” explicaba Varela. O aforro neste caso alcanza os 760 euros.
A iniciativa “porta a porta” iniciouse en 2009 a través dun acordo entre o Concello e as asociacións Puzzle e de comerciantes de Allariz. Este convenio ten permitido conseguir un dobre obxectivo, o de aforrar no custe do recibo do lixo (uns 10 camións menos e máis de 3.500 euros en aforro) e o de contribuír á inserción laboral das persoas con desvantaxe. Ademais, os beneficios da venda de cartón a Aspanas repercuten de xeito directo na asociación para o desenvolvemento das súas actividades.
Os excelentes resultados da campaña de verán súmanse ós datos positivos que, ano a ano, presenta á concellería municipal en referencia á recollida selectiva.
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|



(1).jpg)

.jpg)

.jpg)
|