 Interior do Museo do Xoguete |
| Coa finalidade de recoller todo o significado e o valor dos xogos e xoguetes de tódolos tempos créase en Allariz o MUSEO GALEGO DO XOGUETE instalado no Centro Social (Pazo do antigo Xulgado) na Rúa do Portelo. Esta iniciativa estivo promovida polo Concello como consecuencia da doazón dunha importante colección de xoguetes recopilada durante anos por Alberto Oro Claro, un veciño de Allariz.
Esta colección conta cunha parte importante de xoguetes “masculinos” (coches, trens, ...) e de xoguetes bélicos (arcos, pistolas, ...), destacando tamén xogos de mesa e proxectores de cine.
Dende a súa inauguración no ano 1995, os fondos iniciais foron aumentando e enriquecendose con outras doazóns de visitantes que colaboran coas súa aportancións. Destacan entre estas unha colección de arredor de 300 sillas de distinta procedencia, tamaño e material de Belén Outeiriño de Ourense, un conxunto de bonecas de todo o século de Mª del Carmen Encinas de Ourense, unhas fantásticas casas de bonecas ou un futbolín ingles feminino de 1917 recentemente doado por un anticuario de Madrid.
 Xoguetes de Metal |
|
|
 Xoguetes de mesa e puzles |
|
|
 Colección de Belén Outeiriño |
|
|
O Museo ofrece novas posibilidades dentro do que é a visita a calquer museo, xa que permite e favorece a participación activa dos visitantes poñendo á súa disposición sinxelos xogos de habilidade nos que se emprega a vista ou nos que se usan principalmente as máns. Ademais o Museo pretende conseguir unha maior comprensión do significado do xogo e dos xoguetes mediante a edición de material divulgativo, así como a preparación e seguemento de visitas organizadas de grupo.
|