|
|
|
Feiras » Feira de Outono
|
|
|
|
Feira de Outono |
 Vista da Feira de Outono |
| Organizada polo Concello de Allariz coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Allariz, a Feira de Outono ten como obxectivos a Promoción, Potenciación e Valorización dos produtos agrarios do outono, tanto locais como comarcais: cogumelos, mel, castañas, noces, embutidos e pan artesanal, así como os seus derivados.
Durante o primeiro fin de semana de Novembro, en horario de 11 a 20 h. no pavillón do Instituto da Rúa Emilia Pardo Bazán, celebrase a Feira – Venda de productos de Outono con postos de castañas, noces, cogumelos, mel e pan artesanal, así como productos transformados do sector agro – alimentario galego.
Asimesmo, en diferentes instalacións municipais, amósanse unha exposición con varios apartados específicos sobre os produtos do Outono: exposicións vivas de cogumelos, maquinaria para a manipulación da mel, charlas informativas sobre o cancro do castaño e métodos de poda hixiénicos, saídas didácticas ao monte.
Ao longo desta fin de semana, os restaurantes de Allariz ofertan aos seus clientes nas súas cartas, menús especiais en base aos produtos desta época do ano expostos na Feira.
EXPOSICIÓN MICOLÓXICA E ETNOGRÁFICA Salón da Praza de Abastos, das 11:00 ás 14:00h e das 17:00 ás 20:00h A exposición amosa as variedades máis comúns de cogumelos que se atopan nos diversos hábitats do noso monte, complementada ademais cunha ampla bibliografía relacionada co tema. Recolle aparellos e ferramentas relacionadas cos traballos realizados no monte e cos produtos exaltados na Feira: castañas, mel, pan... Obradoiro de Animación: artesáns do Val de Lobeira ofrecen unha mostra da elaboración de “Cestería de madeira aberta en costelas”, ensinándo a facer o noso propio cesto. Inclúese unha mostra de cestería de Galiza e Portugal.
ACTIVIDADES DIDÁCTICAS “Concurso de Arte Plástica no Outono”: Destinado a todos os alumnos de educación infantil, primaria e secundaria que presentan obras que teñan como tema o Outono. Concurso de Narración oral “Un serán de contos”: Destinado a todos os alumnos de Allariz nas modalidades de contos para ser lidos e contos para ser contados. “Unha saída ao monte para recoller cogumelos”: Saídas dirixidas aos centros de ensino coas que se pretende dar a coñecer aos participantes o medio natural no que medran os cogumelos, coa colaboración e apoio do Centro de Investigacións forestais de Lourizán. Nesta semana os comedores escolares inclúen nos seus menús pratos con produtos desta época.
PAVILLÓN DA FEIRA No propio fin de semana de novembro en horario de 11:00 ás 20:00 horas no Pavillón do Instituto da Rúa Emilia Pardo Bazán, celébrase a Feira-Venda de Produtos de Outono con postos de castañas, noces, cogumelos, mel e pan artesanal, así como produtos transformados do sector agro-alimentario galego. Inclúense postos de libreiros con bibliografía específica. Durante a celebración da feira ofértase un servizo de bar con tapas e racións elaboradas con ingredientes do outono.
Saídas ao monte, dende a propia Feira para recoller cogumelos cos membros do Centro de Investigacións forestais de Lourizán.
SERÁN DE CONTOS Xusto ao remate da Feira e ata as 22:00 h, iníciase no exterior, baixo unha carpa pechada, un encontro de artistas a carón da palabra e a música. Cóntase con narradores orais para adultos e os vencedores do concurso local de narración. Todo isto amenizado por espectáculos musicais. Ademais, ofrécese aos asistentes ao evento un pequeno “cátering de outono” e, para remate, castañas asadas para os concorrentes.
|
|

.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)

.jpg)


|
|