Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       ÁREAS MUNICIPAIS       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
información turística
 
 

 


»

Feira de Artesanía - "Arte de man"

[im144]Allariz recibe en períodos vacacionais un número moi importante de visitantes, circunstancia que nos anima a intentar organizar actividades que sirvan para que diferentes profesionais podan promocionar ós seus traballos ao mesmo tempo que realizan unha actividade mercantil. Por este motivo Concello de Allariz e Asociación de Artesáns de Allariz organizan desde o ano 2003 e no segundo fin de semana de setembro un Mercado de Artesanía no Casco Histórico, que cremos, polo número de persoas que nesas datas están en Allariz, é, economicamente falando, rendíbel para as empresas artesáns.

Na xeneralidade dos casos, o medio rural, dispón dunha capacidade limitada de consumo que necesita desenvolverse e que pode conseguirse cunha animación económica do território.
As zonas rurais deben ser consideradas nun contexto amplo como fonte de abastecemento de productos materiais e inmateriais para o conxunto da sociedade e, por conseguinte, para a sociedade urbana.
A ligazón rural-urbano constitúe unha liña de forza indispensable ao desenvolvemento dos territorios, así como, á viabilización económica das iniciativas culturais e artesanais producidas no medio rural.
[im145] [im146] [im147]

Os mercados nacionais poden ser abordados con instrumentos clásicos de promoción, como son os productos de imprenta, prensa escrita e radio-televisión. Estos vehículos representan seguramente un soporte de transmisión de unha imaxe de producto apoiada nun concepto cultural, que pode rapidamente captar un público significativo. A utilización de revistas da especialidade atinxe a un público máis seleccionado e abre probablemente outras perspectivas de cooperación e desenvolvemento.

A feira Arte de Man, abre unha canle máis de promoción e venda dos artesáns locais e dos convidados a participar nesta.

 


 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting