Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       ÁREAS MUNICIPAIS       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
información turística
 
 

 


Museos » Parque Etnográfico » Elementos do Parque

  O Parque Etnográfico do Río Arnoia  Elementos do Parque
  Actividades Realizadas  Unidades Didácticas e Material
 
Elementos Constitutivos do Parque Etnográfico do río Arnoia

Muíño do Burato
Ampliar Foto...
Muiño do Burato
O Muíño do Burato é unha mostra moi representativa dos numerosos muíños hidráulicos que se poden atopar ó longo do río Arnoia.

É un muíño de turbina (mecanismo posterior ó rodicio tradicional) con dúas rodas, que incorpora nunha delas o funcionamento con motor eléctrico.

Dende a súa rehabilitación o seu muiñeiro mostra ós visitantes a tradicional moenda de gran de cereal.

Audio: Explicación do Muiño do Burato Audio: Explicación do Muiño do Burato
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...


Museo do Tecido “O Fiadeiro”

Ampliar Foto...
Museo do Tecido
Allariz, como importante zona de producción de liño e elaboración de tecidos durante o século pasado, conta co Museo do Tecido “O Fiadeiro”.

Acolle unha representación dos aparellos empregados no cultivo e transformación do liño (ripo, mazo, espadeleiro, restrelo, fusos, rocas, etc.), un antigo tear aínda en uso e diversas pezas antigas tecidas a man como colchas, picotes, sabas, roupa interior, ....

Ademais conta cun pequeño espacio adicado a obradoiro onde a artesana responsable do Museo elabora e pon á venda os seus traballos.  

Audio: Explicación do Museo do Tecido Audio: Explicación do Museo do Tecido

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...



Museo do Coiro “Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras”
Ampliar Foto...
Museo do Coiro
Este Museo ocupa unha parte importante dun emblemático edificio recentemente recuperado, situado á beira do río Arnoia, a Fábrica de Curtidos da familia Nogueiras.

Na zona adicada a Museo, onde se localizan os pilos da curtición, recóllense as ferramentas empregadas neste oficio (coitelos de pelar, de escarnar, de aprimar, taboas, mesa de engrasar, lunetas, mazo, tenazas, aparello de rematar, etc.), o que permite comprender, xunto coas explicación que se ofrecen nos paneis, todo o proceso de curtición.

No piso superior do edificio habilitouse un obradoiro onde un artesar traballa o coiro e un espacio adicado a aula, onde teñen lugar os cursos de artesanía que se teñen levado a cabo polo Museo.

Audio: Explicación do Museo do Coiro Audio: Explicación do Museo do Coiro
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

 



Cómo Chegar

Guia  Local de Servizos

Galería Fotográfica

Actualidade Municipal e Axenda

Festa do Boi

Asociación de Turismo e Hostelería de Allariz

Cámaras Web

Reserva da Biosfera - Area de Allariz

AudioVisita a Allariz

Guias e Folletos Turísticos para descargar
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting